Pan de figos
O pan de figos é unha preparación típica da gastronomía española, aínda que tamén se pode encontrar en Portugal. A pesar de denominarse pan, non ten porque conter nin fariña nin trigo. Elabórase a partir de figos desecados formando estes unha pasta compacta e densa. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes, como froitos secos ou froita cristalizada. Trátase dunha receita orixinalmente rural, talvez de orixe árabe, que se caracterizaba principalmente por cumprir dúas funcións: por un lado permitía a conservación duradeira dos excedentes de figos que se recollían nunha anada e por outro lado constituía un alimento enerxético moi útil á hora de realizar as duras tarefas do campo. Na España actual prodúcese e consómese pan de figos principalmente por deleite desta especialidade e, máis particularmente, durante as festas de Nadal e Aninovo.
Son famosos os pans de figo da provincia de Málaga, Comunidade Valenciana,[1][2] Andalucía e os da rexión de Murcia, pero tamén os de Fraga,[3] na provincia de Huesca, Aragón. Na provincia de Málaga é particularmente célebre o pan de figos da localidade de Coín, onde se prepara a base de figos pasos, améndoas, canela, cravo e anís.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morisco pan de higo
- ↑ Suera dedica el SOM de novembre a fer panfigo, en l’últim dia de les festes
- ↑ Producción en Fraga de diferentes recetas de pan de higo Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (por Kiosco Casanova)
- ↑ "Pan de higo: una alternativa a las barritas energéticas, Kijimuna's Kitchen". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carme Rosselló, Immaculada Bestard, i altres: Conèixer i gaudir els aliments de les Illes Balears. Palma: Universitat de les Illes Balears, 2003.
- Pa de figues, dins Gastroteca.cat